Teatro

As Mapoulas

ESTREA

Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe dende a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal.

A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio sita na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña. En primeira persoa, fálanos do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial.

“Que non aparecen na historia universal, senón nas páxinas de sucesos da prensa local. Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata”. E. Galeano.

Prezo: 7€ | 9€ | 12€



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 17 de Abril de 2022 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Intérpretes: Alba Fernández, Miguel González e Carmen Cotelo.
  • Creación, dirección e dramaturxia: Carmen Cotelo
  • Guión: Carmen Cotelo e Helga Méndez
  • Música en escea: Miguel González
  • Coreografía: Alba Fernández
  • Xiro libre: Aida Kaena
  • Creación musical: Iván Doval e Miguel González
  • Colaboracións musicais: Elisa Medina ('Los suspiritos'), Julio Cuns (guitarra e efectos)
  • Creación poética: Xaquín Silva
  • Iluminación: Raquel Castro
  • Escenografía, audiovisuais, deseño gráfico e impresión: Laura Sánchez e Tono Galán (manchea)
  • Documentación: Patricia Ramos, Helga Méndez, Colectivo Refuxios da Memoria e AC Alexandre Bóveda.
Premio Luisa Villalta 2021 a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña.