Música

BORJA QUIZA, COOL SWING

O barítono galego de fama internacional Borja Quiza presenta un espectáculo coa maxia das grandes veladas musicais de Las Vegas. Un repaso pola música melódica americana dos anos 50, 60 e 70. Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr., Bobby Darin, Nina Simone, etc. Un total de 18 temas enlazados a través dun guión que dará un toque teatral ao concerto. Unha big band, unha orquestra de corda e un ballet feminino suman un total de 38 artistas sobre o escenario que farán vibrar a todo tipo de público nunha noite inesquecible.

Let’s Swing.

Prezo: 25 € / 20 € /15 € (VR)
Duración: 120 minutos (descanso incluido)

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 27 de Decembro de 2014 | 20:30
  • Domingo, 28 de Decembro de 2014 | 19:00