Circo

ELEGANTS, ‘CABARET ELEGANCE’

COORGANIZA

PLATEA

PREMIO DO PÚBLICO FESTIVAL BUITENGEWOON (HOLANDA, 2012). PREMIO DO XURADO FESTIVAL MUECA 2013.

Catro artistas de circo cunha longa traxectoria profesional, xenuínos, intrépidos, elásticos, elegantes, guapos e simpáticos, (adxectivos que eles mesmos se puxeron), levan a escena o luxo, o glamour e o bo humor do seu CABARTE ELEGANCE. Si señoras e señores, a compañía ELEGANTS, presenta o fabuloso espectáculo cunha escenografía orixinal, unha coidada posta en escena e unha sucesión de números de gran nivel, combinando diferentes técnicas de circo como o trapecio, equilibrios, mastro chino, monociclo e malabares, a a comicidade como linguaxe condutor, que culminará cun fantástico número de trapecio triplo! Sedución 100 % para todos os xéneros e públicos!.

Prezo: 10,80€ (VR) / 12 €
Duración: 55 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 30 de Novembro de 2014 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

ELEGANTS. Adriano Marçal ‘Dico’, Ramiro Vergaz, Ignasi Gil, Jordi Juanet ‘Boni’. IDEA ORIXINAL. Elegants. DIRECCIÓN. Cristophe Tellier. AXUDANTE DE DIRECCIÓN. Muril Deville. ESCENOGRAFÍA. Elegants. VESTIARIO. Ester Sanagustin, Paola del Bazo.