Duración: 90 minutos
Calificación: TP
O novo show de CARLOS LATRE sorprenderá de novo aos seus seguidores e poñerá en escena máis personaxes ca nunca ¡¡150 voces en 90 minutos!!
Puxo en pé teatros de toda España coa súa anterior xira, vista por máis de 350.000 persoas. Non poderás parar de rir.
Coreografías, humor, música, toda a historia da televisión e moitas sorpresas. O mellor one-man show do país … Un espectáculo cheo de risas, música e diversión.
Máis próximo e máis íntimo … ¡pero máis divertido ca nunca!
DIRECCIÓN, IDEA E GUIÓN: CARLOS LATRE. PRODUCIÓN EXECUTIVA: CARLOS LATRE E YOLANDA MARCOS. DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: YOLANDA MARCOS. DELEGADA PRODUCIÓN: CLARA GRABULOSA. GUIONISTAS: DAVID LILLO, ARAN ZULUAIKA [ATIC]. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: XAVIER COSTAS, CARLIGHT. DIRECCIÓN MUSICAL: ALBERT GARCÍA FREIXAS. AUXILIAR PRODUCIÓN / ESTILISMO: LAIA MUÑOZ. ESCENOGRAFIA E ATREZZO: DANI SANIN. AXUDANTE ESCENA: YAGO BARROSO. COREOGRAFÍAS E MOVEMENTO ESCÉNICO: RENATA RAMOS I PARIS. FOTOGRAFÍA: JOSE IRUN PHOTOGRAPHY. DESEÑO GRÁFICO, CARTEL E ELEMENTOS: LA MAMBA NEGRA. CONSTRUCIÓN DECORADO: RAMON CASAS (SANTACANA). MÚSICA E ARRANXOS: LA CONGA MUSIC. ASESORA VOCAL: HELEN ROWSON. PREPARADORA FÍSICA: ISABEL ARBONES. VOZ EN OFF: GONZALO ABRIL.
CARLOS LATRE, 15 años no es nada
ENTRADAS ESGOTADAS
E xirar a mirada, e darse máis conta de que todo isto empeza …
Foi a finais de 1999. Un mozo cargado de ideas, ilusión e creatividade topouse con Xavier Sardá nunha rolda de prensa. Alí abordouno con varias voces de famosos da actualidade do momento e conseguiu o que non lograra intentando entrevistas ao xornalista: captar a súa atención.
Meses despois aparecía pola porta de Crónicas Marcianas, disfrazado dun dos máis de 100 personaxes que fixo durante os anos que pasou no late night máis famoso das televisión en España.
Dende entón, CARLOS LATRE enlazou un proxecto con outro, poñendo ao servizo do humor e da actualidade a súa versatilidade como cómico, imitador, dobrador, actor, xurado, colaborador e presentador de programas de radio e televisión e produtor.
E agora, 15 anos despois, é momento de botar a vista atrás. De rememorar os mellores momentos e descubrir os novos … De revisar os referentes, recuperar os personaxes perdidos e actualizar a súa lista, de máis de 500 voces … De ofrecer ao público o potencial que o converteu no mellor imitador da historia do noso país.