Danza

CARMEN, Ballet Flamenco de Madrid

Unha idea de equipo que, tras anos de experiencia, preparación e busca, creou un repertorio de espectáculos que resume o seu saber artístico.

Ballet Flamenco de Madrid nace da necesidade de romper o tópico que establece que o baile español é simplemente baile flamenco. Por iso é unha proposta diferente ao resto, na que o conxunto é puro protagonista dunha historia trenzada a través dos sentimentos que nos transmite a danza.

O ritmo, a maxia, a sensibilidade, o movemento, a estética, a harmonía e o duende identifícanse plenamente con estas realidades artísticas. Un desafío profesional para que todos entendan a nosa música e o noso baile adaptado ao gusto contemporáneo dos espectadores.

Prezo: 25€ (VR) / 30€
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 5 de Novembro de 2016 | 19:00
  • Sábado, 5 de Novembro de 2016 | 21:00
  • Domingo, 6 de Novembro de 2016 | 19:00

SINOPSE

Carmen é o símbolo da muller que apaixona, sublima e embriaga. A muller perfecta para poder facer feliz a calquera home e, ao mesmo tempo, para chegar a volvelo tolo.

Carmen de Bizet desenvólvese en Sevilla cara o ano 1830, ten como protagonista a unha fermosa xitana de fero temperamento. Carmen, libre co seu amor, seduce ao cabo Don José, un soldado inexperto. A relación de Carmen co cabo motiva que este rexeite o seu anterior amor, se amotine contra o seu superior e se una como desertor a un grupo de contrabandistas. Finalmente, cando ela envorca o seu amor no toureiro Escamillo, os celos impulsan a Don José a cometer o asasinato de Carmen.



FICHA ARTÍSTICA

SOLISTAS: NOELIA CASAS, VICKY DUENDE, FRANCISCO GUERRERO, IVÁN GALLEGO. CORPO DE BAILE: ESTEFANÍA MURUBE, DIANA GARCÍA, ALEXIA MARÍA BENITO, MARTA RÓDENAS, BELÉN BLANCO, NATALIA VELÁZQUEZ, MARTA PÉREZ, ANTONIO SÁNCHEZ, CRISTIAN FERNÁNDEZ, DAVID SERRANO, ROBERTO SÁNCHEZ, ALBERTO LÓPEZ, ANTONIO DEL OLMO, FRANCISCO MARTÍNEZ. MÚSICOS: BASILIO GONZÁLEZ (CANTAOR), CARLOS ENRIQUE JIMÉNEZ (GUITARRA), MOISÉS PASCUA (FRAUTA), RAFAEL JIMÉNEZ (CAIXÓN FLAMENCO). COREOGRAFÍA: IVÁN GALLEGO, LUCIANO RUÍZ. VESTIARIO: LUCIANO RUÍZ. XASTRA: RAQUEL SÁNCHEZ. DIRECCIÓN: LUCIANO RUÍZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: DAN TIBERIU.