Teatro

Charlie e a Fábrica de Chocolate

A Asociación Mosaico presenta unha adaptación teatral orixinal inspirada na coñecida película Charlie e a Fábrica de Chocolate, cun enfoque de Nadal e familiar. Esta obra está pensada para todas as idades e destaca valores como a esperanza, a unidade, a bondade e a importancia da familia. A través dunha escenografía creativa, música en directo e actuacións emotivas, buscamos ofrecer á cidade un espectáculo que entreteña, inspire e deixe unha pegada positiva durante as festas do Nadal.