Case sen darnos conta, a escena do pop en galego consolidouse como algo moi serio, disposto a perdurar no tempo, e que, ademais, camiña en paralelo con outras disciplinas, como o mundo audiovisual, a poesía, a fotografía, o deseño ou o cómic. Tamén, case sen darnos conta, Chicharrón foi gañando peso como un catalizador de todo isto, unha célula creativa absolutamente única polo seu carácter sempre mutante e, ao mesmo tempo, sólida nos seus ideais e conviccións.
O seu novo álbum, Unha Fogueira Intacta, continúa a senda do anterior, pero tamén posúe unha natureza diferente e, aparentemente contraditoria. Creouse durante o illamento e a paranoia do estado de alarma e os meses posteriores pero, ao tempo, é o seu disco máis aberto a colaboracións externas.
Unha Fogueira Intacta é un álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inquieta, sempre sorprendente. Chicharrón segue sendo todas as posibilidades porque nunca estivo tan preto de atopalas. Avanza.
Chicharrón