Hai infinidade de eventos musicais, pero ningún tan singular como Tándem: ciclo que ofrece experiencias en directo nas que se misturan dúas propostas musicais no mesmo escenario. Tan vangardista como popular, este ciclo rompe coas convencións asumidas polo circuíto de festivais mediante un póquer de binomios exclusivos en vivo onde, en varios momentos da actuación, combinan o seu ADN musical, sempre co punto de unión entre a rica idiosincrasia da nosa tradición, que neste ano se funde en diferentes maridaxes coas culturas portuguesa, catalá e vasca.
Así, a toma de contacto co ciclo virá da electrónica atlántica de Grande Amore fronte á ensoñación pop de Verde Prato. E de aquí á ponte cultural de raíces e cables co país veciño proposta por Caamaño & Ameixeiras e Sús. O terceiro dos tándems parte da elegancia de alta costura da catalana Rita Payés e a intensidade visceral proposta polo trío Nacho Faia Lar. Experiencia da que emerxerá unha torre de Babel plena de significados e sabores.
O peche será do indómito Emilio José, que regresa cun novo proxecto elaborado con Suelen Estar Quartet, grupo experimental de corda co que ‘o máis difícil todavía’ cobra significados renovados neste proxecto estreado en Tándem.
Ciclo Tándem | Emilio José y Suelen Estar Quartet