CÓDICE CALIXTINO
Congaudeant Cathlici
La grande chanson
JEAN BAPTISTE LALLOUETTE – O Sacrum Convivium
BENJAMIN BRITTEN – A New Year Carol
CHRISTOPHE BARRATIER e BRUNO COULAIS – Cerf-Volant
MORRIS ALBERT – Feelings
PEDRO AIZPURÚA – Noël – Arm
GREG GILPIN – Fun, fun fun
DIETRICH BUXTEHUDE
Nichts soll uns Scheiden BuxWV 70
Jesu Meine Freude BuxWV 60
Alleluia BuxWV 15
CORO INFANTIL DA OSG
Director: José Luis Vázquez López
CORO NOVO DA OSG
Director: Daniel G. Artés
CORO INFANTIL
O Coro Infantil da OSG fixo a súa presentación musical, a principios do ano 2000, interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo.
Desde entón actuaron en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando obras de Mahler (cabe destacar, sobre todo, a súa exitosa participación na VIII sinfonía), Orff, Shostakovich, Fauré e en óperas como Werther e Turandot e colaborando, entre outros, con Emilio Aragón. Tamén ofreceron concertos a capella na Coruña e en diversas localidades da comunidade galega, así como no Auditorio de León.
O Coro, que está formado por uns 35 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e está dirixido, desde a súa creación, por José Luis Vázquez, nace coa intención de constituír un verdadeiro centro de canto coral, para a formación de novas voces. Posteriormente, poderán formar parte do Coro Novo e do Coro da OSG.
CORO NOVO
O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, presentado ao público en xuño de 2005 na Coruña, supón a posta en marcha do último dos proxectos vocais de Son Futuro, tras a consolidación do Coro e dos Nenos Cantores da OSG.
Desde entón participou en varios proxectos coa Sinfónica de Galicia, entre os que destacan Carmina Burana de Orff, A tabernera do porto de Sorozábal, a estrea de Troula de Juan Durán ou a Sinfonía nº2 de Mahler. En varias ocasións o coro foi convidado ao Mesías Participativo da Caixa.
Ademais de colaborar nos concertos co Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade concertos en solitario en diferentes localidades da comunidade galega como Rianxo, Ferrol, Monforte, Betanzos ou Santiago.
Desde o 2015 actúa nas Festas de María Pita xunto a unha banda de rock en concertos multitudinarios que teñen lugar na propia Praza de María Pita.
En 2017 cantou na celebración do Día dás Letras Galegas xunto á Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave.
O Coro Novo, formado por 35 mozos de entre 13 e 21 anos, representa o ponte coral entre o Coro de Nenos e o Coro de adultos da OSG.
Desde a súa creación foron os seus directores Daniel García Artés, José Antonio García Mato, Fernado López Briones e José Ramón Rodríguez Casteláns.
Na actualidade, exerce os labores de dirección musical Daniel García Artés, sendo Carlos Mena o director artístico.
Coro Infantil e Coro Novo da OSG