Teatro

CORUFEST: Naxos I. Drama en tres lamentos e un par de actos

DE FESTIVAIS: CORUFEST 2022

 

Dende 1950 seis millones de personas foros expulsadas do campo do estado español en dirección á diáspora innominada, dirección ao progreso, a un futuro que non puidemos decidir.

A triloxía de Naxos interroga a través da metáfora da condición txarnega, término que recibiu esa migración en Catalunya.

A primeira peza da Triloxía de Naxos esboza un retrato daquelas que perdimos a pertenza, o lugar da ancora, as raigames, a memoria, a comunidade, a língua materna ou a súa fala, perdimos tamén a posibilidade do “Nosoutras”. Somos a primeira xeración de mil lugares e tamén somos a última de moitos outros.

A través de testimonios das fillas e netas daquela diáspora, nacidas xa en varios continentes, recolle o noso esquecemento, os silenzos, a vergoña, a pena, a culpa.

Usando a historia dunha princesa de Creta que perdiu o seu pasado e non logrou alcanzar o futuro. A Ariadna de Naxos, esta vez non explicada, senon desmentida.