Unha máquina de Rube Goldberg, esa que desencadea asombrosos e divertidos efectos dominó, será montada sobre o escenario aos poucos durante o espectáculo. Esta é a trama. Veremos chegar aos enxeñeiros cos tubos que conteñen os planos da máquina. Cando os vexades voar ou moverse compasados, pensade que o segredo está na física.
Soben ao escenario, ‘por orde de repartición’, o electromagnetismo, siteswaps e prechacs, harmónicos, tensións, eixos de xiro e ondas, aceleración, traxectorias, tiro parabólico e o principio de acción reacción. Cabe algo máis nun só espectáculo inspirado na física?
Movementos hipnóticos dos malabares con tubos imantados, pelotas, diábolos e mazas de luz programadas ao milisegundo forman un espectáculo baseado nas leis da física levado a cabo por dous enxeñeiros malabaristas con case vinte anos de traxectoria escénica. Física e circo fúndense co humor para poñer en escena RUBE.
Coruña Comunica Ciencia | Rube