Teatro

Despois das ondas

ESTREA ABSOLUTA

Un filme feito en directo
Unha viaxe teatral pola vida de María Casares

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.


Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero.

Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

Prezo: DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 3 de Maio de 2019 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

(Español) ELENCO  Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón
ESPACIO ESCENICO  Beatriz de Vega
VESTIARIO  Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN  Javier Quintana
AUDIOVISUALES  Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA  Ernesto Is
PRODUCIÓN Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Ernesto Is
DIRECCIÓN  Xavier Castiñeira