DOA: O son da estrela escura

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: CICLO PIONEIRAS DA MÚSICA GALEGA

 

Poderiamos considerar a DOA (1978-2022) coma O REFERENTE dos grupos en activo anteriores á década dos 80′. O seu estilo musical está baseado en xuntar tendencias musicais diversas coa música popular e medieval de Galicia con arranxos e composicións libres e heterodoxos…

Este traballo é unha antoloxía de pezas tradicionais de diferentes épocas e raíces. Na súa elaboración partimos das partituras existentes nos distintos cancioneiros. Non nos propuxemos facelo dun xeito ortodoxo, senón guiados pola sensibilidade da que é posuidora esta terra.

Prezo: De balde con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 9 de Abril de 2022 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

(Español) DOA
  • Miro Casabella: voz, zanfona, arpa, cítola
  • Xoan Piñón: guitarra e laúde
  • Bernardo Martínez: percusión, frautas.
"In Memoriam" Xaquín Blanco. Músico convidado: Eduardo Coma (violín)