“A danza é sen dubida a primeira das artes que o ser humano manifesta de forma instintiva. Posteriormente á infancia, momento no que isto sucede, nalgunhas persoas queda arraigada esta característica e noutras simplemente desaparece ou queda inhibida por outras preferencias persoais, condicionadas principalmente pola educación recibida ou por outras vocacións innatas.
A este primeiro grupo de persoas pertencen os que chamamos bailaríns, palabra con grande amplitude de matices e disciplinas, que ten o nexo como movemento. Quixemos resaltar con esta coreografía a importancia do único elemento sen o que a danza sería imposible: o bailarín; o que se especializa en calquera das múltiples tendencias ou estilos para desenvolver unha das artes máis completas e universais que o ser humano pode crear partindo do elemento ou instrumento máis perfecto que a natureza creou, o corpo humano.
Quixemos amosar con El Arte de la Danza os distintos matices e características que dous coreógrafos distintos son capaces de captar de cada elemento, pois cada coreógrafo capta de distinta forma as diferentes sensibilidades de cada elemento ou bailarín dos que dispón”.
COREOGRAFÍAS. Víctor Ullate e Eduardo Lao
ILUMINACIÓN. Paco Azorín
VESTIARIO. Víctor Ullate, Eduardo Lao, Pedro Moreno, Carlos Javier Martín
BAILARINAS. Ksenia Abbazova, Zara Calero, Sophie Cassegrain, Leyre Castresana, Elena Diéguez, Marlen Fuerte, Kana Nishiue, Laura Rosillo, Reika Sato, Alba Tapia, Zhengjia Yu.
BAILARÍNS. Dorian Acosta, Lorenzo Agramonte, Mariano Cardano, Mikael Champs, Matthew Edwardson, Oliver Edwardson, Jonatan Luján, Stefano Maggiolo, Cristian Oliveri, Josué Ullate.
El Arte de la Danza. Victor Ullate Ballet
COORGANIZA
UNHA PRODUCIÓN DE
“A danza é sen dubida a primeira das artes que o ser humano manifesta de forma instintiva. Posteriormente á infancia, momento no que isto sucede, nalgunhas persoas queda arraigada esta característica e noutras simplemente desaparece ou queda inhibida por outras preferencias persoais, condicionadas principalmente pola educación recibida ou por outras vocacións innatas.
A este primeiro grupo de persoas pertencen os que chamamos bailaríns, palabra con grande amplitude de matices e disciplinas, que ten o nexo como movemento. Quixemos resaltar con esta coreografía a importancia do único elemento sen o que a danza sería imposible: o bailarín; o que se especializa en calquera das múltiples tendencias ou estilos para desenvolver unha das artes máis completas e universais que o ser humano pode crear partindo do elemento ou instrumento máis perfecto que a natureza creou, o corpo humano.
Quixemos amosar con El Arte de la Danza os distintos matices e características que dous coreógrafos distintos son capaces de captar de cada elemento, pois cada coreógrafo capta de distinta forma as diferentes sensibilidades de cada elemento ou bailarín dos que dispón”.
Víctor Ullate e Eduardo Lao