Humor

EMHU | Facu Díaz: Esto no es culpa de nadie

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

O novo mundo derrúbase ante os nosos ollos e ninguén quere facerse cargo. Mentres tanto, Facu Díaz decidiu volver ao stand up para entreter aos seres humanos mentres todo arde ao seu arredor. Unha sorte de violinista do Titanic que, micrófono en man, analiza de maneira escandalosamente tendenciosa o que sucede no planeta. O que está a pasar é culpa de todos e á vez culpa de ninguén, ou esa é a confusa teoría que pretende desenvolver o comediante uruguaio con este novo texto infestado de autoreferencias, proclamas políticas propias do século pasado e chistes vilmente usurpados ao seu compañeiro murciano.