Obra emblemática de Daniele Finzi Pasca. O espectáculo, concebido para un só espectador, celebrou o seu 30 aniversario en 2021. En cada representación, só unha persoa escollida ao azar por Daniele terá a ocasión de vivilo na súa forma máis plena. O público restante terá a opción de transformarse en “voyeurs”.
Ícaro foi escrito en prisión, onde Daniele purgou unha pena por obxeción de conciencia (ao servizo militar obrigatorio en Suíza) e forma parte dunha triloxía dedicada á fuga, da cal tamén forman parte os espectáculos Dialoghi col Sonno e Arianna.
Dende a súa creación en 1991, Daniele Finzi Pasca representou este espectáculo máis de 800 veces, en diferentes idiomas (italiano, francés, alemán, portugués, castelán e inglés), en todo o mundo.
EMHU | Ícaro, de Daniele Finzi Pasca