Humor

EMHU | Miguel Lago e Roberto Vilar: Pintando a mona xuntos

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Pintar a mona ten algo especial. É unha arte en si mesma. Pero que, de forma única e illada, non ten moito percorrido. Con todo, se lle engades esa retranca que caracteriza aos galegos, a cousa cambia. E cambia moito. Tanto, que dá para un espectáculo único, incluso.

Miguel Lago e Roberto Vilar únense no EMHU para Pintar a mona xuntos. Dous dos humoristas máis importantes da comedia galega prepararon unha reunión especial para que A Coruña quede coa mandíbula desencaixada de tanto rir. Pola nosa banda, convidámosvos a que veñades pintar a mona canda nós.

Prezo: 18€ | 22€ | 24€ | 26€
Duración: 90 min


DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 26 de Abril de 2026 | 17:30
  • Domingo, 26 de Abril de 2026 | 20:00