Enrique Piñeyro | Volar es humano. Aterrizar es divino
Observadas a través dunha mirada aeronáutica e un ácido sentido do humor, Enrique Piñeyro mostra situacións tragicómicas da vida cotiá.
Nunha produción nunca antes vista nun monólogo que inclúe unha cabina de avión a escala real e un gran despregamento audiovisual (un conxunto de proxeccións e pantallas xigantes que se atopan nun punto medio entre o cinema e o teatro), a obra comeza recreando un voo de Avianca durante a súa aterraxe en Nova York. A partir de aquí, e grazas á súa experiencia como comandante de liña aérea, a súa formación de médico especializado en aeronáutica e as súas observacións sobre o erro humano, descobre os fallos habituais na comunicación diaria e contraponos á comunicación aeronáutica. Para iso, toma exemplos da publicidade, a política, a educación, a xustiza e a saúde.
VOLAR ES HUMANO, ATERRIZAR ES DIVINO é un espectáculo que se renova cada ano. Sempre atento ao que sucede no mundo, Piñeyro encandea ao público coas súas observacións sobre a realidade que nos toca vivir.