Teatro

Escenas de la vida conyugal

TEATRO NO COLÓN

 

Juan e Mariana relatan ao público unha secuencia de escenas que ten que ver co seu matrimonio e a relación que manteñen despois do seu divorcio. Nun ámbito atemporal e sen referencias concretas a ningunha época, entréganse a un xogo no que alternativamente son actores e personaxes, traspasando a cuarta parede e facendo cómplices aos espectadores, que inevitablemente ven reflectidos en moitas das situacións que eses dous seres expoñen e que poden resultar divertidas, dramáticas e ata violentas.

Os conflitos que o autor expón ao longo da obra están postos nesta produción do Teatro Maipo de Buenos Aires de forma tal que o público termina ríndose a gargalladas de situacións que no fondo ocultan un gran dramatismo e que obrigan a seguir reflexionando sobre elas mesmo despois de saír do teatro.

  • De Ingmar Bergman
  • Versión de Fernando Masllorens, Federico González del Pino
  • Intérpretes: Ricardo Darín, Andrea Pietra
  • Dirección: Norma Aleandro
Prezo: 35€ | 45€ | 55€



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 29 de Outubro de 2025 | 20:00
  • Xoves, 30 de Outubro de 2025 | 20:00
  • Venres, 31 de Outubro de 2025 | 20:00
  • Sábado, 1 de Novembro de 2025 | 18:00