Música

ESCUCHANDO ELEFANTES

A banda do momento. Escuchando Elefantes son Carlos Tajes e Silvia Rábade, dúas voces que chegaron a sonar coma unha.

Prezo: 12 € (anticipada) / 10 € (anticipada, VR) 15 € (día función) / 13 € (día función,VR)
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Outubro de 2014 | 21:00

SINOPSE

A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron coma músicos. En dous anos de intenso percorrido musical por Europa, compartiron experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinéad O’Connor, entre outros.

Tras a publicación do seu primeiro traballo, reciben unha xenerosa acollida por parte do público, así como unha gran repercusión mediática. Agora, en 2014, lanzan o seu segundo álbum de estudio, cun son máis traballado e maduro, pero sen esquecer os seus principios básicos: unhas voces que irradian forza e naturalidade.