Gala

Gala DAC

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebra a terceira edición da gala de entrega de premios culturais do ano 2023. Unha cita que reunirá no Teatro Colón a todas as persoas que participaron directamente no desenvolvemento destes premios –xurados, comisariados e comisións lectoras- e subirá ao escenario a máis dunha ducia de persoas premiadas en diferentes disciplinas artísticas: narrativa, teatro, banda deseñada, arte, arte gráfica, fotografía, literatura infantil e xuvenil, composición musical e música, ensaio e acción cultural pola igualdade de xénero.

Esta III Gala de Premios da Deputación estará conducida por Sabela Arán e contará coas actuacións de Aldao Lado e Satélite Salitre.

Prezo: De balde ata completar aforo. A apertura de portas será ás 18.30 horas.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 16 de Marzo de 2024 | 19:00