Musical
EVENTO INFANTIL INFANTIL

GATO CON BOTAS, El Musical

O Reino de Olat esperta cada mañá coa alegría e a felicidade de todas as súas xentes. Pero os cantos e o xúbilo vence interrompidos pola aparición do malvado e desapiadado pirata Dragut quen, coa acuda da  súa torpe pero fiel tripulación, irrompe na fortaleza e secuestra ao Rei ameazando con destruír o castelo se non se lle entrega a cambio mil moedas de ouro no prazo dunha xornada.

A princesa e todos os veciños quedan desolados ante a traxedia acaecida ata que, de xeito inesperado, aparece un heroe que lles ofrecerá toda a súa axuda: o Gato con Botas.

Cun chisco de enxeño e astucia, os nosos amigos descubrirán tamén que o desalmado corsario ten auténtico terror polas pantasmas e, deste xeito, o Gato con Botas poñerá en marcha un estratéxico plan para darlle un bo escarmento ao pirata Dragut e a toda a súa tripulación.

Prezo: ANTES 08/01/2017: 3 € (VR) / 8 €. A PARTIR DE 09/01/2017: 5 € (VR) / 10 €
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 5

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 15 de Xaneiro de 2017 | 18:00

FICHA ARTÍSTICA

GUIÓN E DIRECCIÓN: JULIO MARTÍ ZAHONERO. REPARTO: JUANFRAN SÁEZ, ALBERTO JIMENEZ DE DIOS, LAURA RENARD, ROBERTO COSTA, MIGUEL ÁNGEL CANTERO