Música

Germán Díaz e Benxamín Otero – 13 cancións bonitas

ESTREAS

Benxamín Otero e Germán Díaz propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, aos seus oídos, bonitas… Compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este persoal concerto.

Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.