Ópera
EVENTO INFANTIL INFANTIL

HANSEL Y GRETEL

Adaptación da ópera en tres actos Hansel e Gretel de Engelbert Hunperdinck sobre libreto de A. Wette, irmán do compositor e baseada nun conto dos irmáns Grimm.

Se musicalmente Hunperdinck se sitúa a rebufo de Wagner, os seus conceptos filosóficos e a súa ambición estética non lle interesa. Usa o motivo condutor e elabora un tecido orquestral ininterrompido, poñendo esa técnica ao servizo dun relato infantil que adereza con temas de orixe folclórico, sen o sentido tráxico nin o propósito de ser transcendental que caracterizan a Wagner. Engádase que o fresco melodismo de Hunperdinck é axeitado ao mundo de fantasía deste conto.

*As partes faladas son en castelán, as cantadas en italiano, francés e alemán.

Hansel_Gretel_P

Prezo: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 60 minutos

Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 22 de Novembro de 2015 | 18:00

SINOPSE

Os irmáns Hansel e Gretel pérdense no bosque mentres recollen fresas. Os seus pais saen na súa busca, temerosos de que os nenos caian nas garras dunha malvada bruxa que habita no bosque. En efecto, os irmáns chegaron ata unha casa feita de doces e chocolate; nela vive a malvada bruxa, que captura aos nenos, coa evidente intención de que sexan o ingrediente principal dun exquisito pastel.