Teatro

INSOLACIÓN

En Insolación Emilia Pardo Bazán defende o dereito a elixir das mulleres. A novela adiantada ao seu tempo, supuxo un gran escándalo e foi zorregada pola crítica que a chegou a cualificar de pornográfica. A obra fálanos do encontro de dúas latitudes españolas, o norte e o sur, como metáfora das clases sociais imperantes a finais do século XIX. Pero non se trata dunha loita entre dúas personalidades senón dun encontro, Pardo Bazán non nos traslada unha mensaxe segregadora, ao contrario, unifica e fainos intuír que a separación entre clases da España de finais do XIX comeza pouco a pouco a transformase.

Logos

Dossier

Prezo: 15 € (VR) / 20 €
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 13 de Decembro de 2014 | 20:30

SINOPSE

Con Insolación, Emilia Pardo Bazán non só escribiu unha fenomenal historia de amor, senón unha depurada defensa do dereito a elixir das mulleres. Faino na persoa de Francisca de Asís Taboada, marquesa viúva de Andrade, galega como a propia autora e afincada nun Madrid de finais de século onde as tradicións e o conservadorismo da aristocracia e a alta burguesía xeran un clima asfixiante que constrinxe os desexos e ilusións dunha dama aínda moza e atractiva que, de repente, asumirá a capacidade de pensar e decidir pola súa conta.
Nos apenas seis días que dura a acción, Asís coñece a Diego Pacheco, un mozo de boa sociedade con fama de conquistador, déixase levar por el máis ala do aceptable, pensa no incorrecto do seu proceder, disponse a abandonar un comportamento inconveniente regresando á súa apracible e querida Galicia, e finalmente decide deixar de pregarse á moral sexual do entorno e non xa entregarse sen medo ao pracer, senón capitanear a relación admitindo que un debe intentar ser protagonista da súa propia historia.



FICHA ARTÍSTICA

AUTORA. EMILIA PARDO BAZÁN. VERSIÓN. PEDRO VILLORA. DIRECCIÓN. LUIS LUQUE. ELENCO. MARÍA ADÁNEZ, JOSÉ MANUEL POGA, CHEMA LEÓN, PEPA RUS.