Cine

INTERSECCIÓN | Foco: Nicolas Gebbe

DE FESTIVAIS: FESTIVAL INTERSECCIÓN

Lockdown Dreamscape
2022 / Alemaña / 6:40 min / Estrea en España

Cando pasas moito tempo na casa en soidade, as paredes comezan a moverse. A concepción do tempo esvaécese, os días pasan devagar, todo parece repetirse eternamente. Espazos, conversas, impresións visuais e sons mistúranse e fan que todo pareza como se se tratase dun longo soño.


The Sunset Special
2021 / Alemaña / 17:30 min / Estrea en España

Unha praia escondida, a parella perfecta, o hotel máis exclusivo: é a vida dos teus soños. Únete a unha misteriosa viaxe cara un lugar luxoso de desexo incumprido, nostalxia e morriña sen fin. Dálle unha ollada única ás lustrosas fachadas dun mundo formado pola abundancia e as imaxes terxiversadoras da realidade das redes sociais.


We Won The Fight
2023 / Alemaña / 3:36 min / Estrea en España

Neste vídeo musical experimental dunha balada de amor cyborg glitch, unha amante dixital sintética lembra tempos de conexión romántica. _L_.o~.:V`_e’_


Urban Dreamscape
2019 / Alemaña / 6 min / Estrea en España

Ca técnica da fotogrametría, Urban Dreamscape captura unha instantánea das fachadas urbanas, que tan a miúdo conforman o fondo da vida cotiá, mais raramente son o centro da atención. En forma de collaxe animada, imaxes abstractas, que doutra maneira están fóra da nosa percepción, tórnanse visibles. Conforman unha paisaxe onírica distorsionada que está inspirada por inputs visuais subconscientes, mistúrase cos pensamentos, muda cos estados de ánimo, esténdese a través do son.


Transmission Noise
2016 / Alemaña / 6 min / Estrea mundial

As instrucións monótonas inflúen constantemente cada movemento. Seguir as direccións debería garantir a execución correcta e o éxito de calquera acción. Porén, a opresiva masa de información e os erros de comunicación entre emisora e receptora leva a unha sobrecarga do actor.


Within The Structure
2016 / Alemaña / 6:30 min / Estrea mundial

Escuras estruturas arquitectónicas en 3D reprodúcense como fotogramas nunca rápida sucesión, xuntándose, abrindo un novo espazo. A repetición de imaxes e o son pulsativo síncrono tensan os sentidos e permiten unha ollada inmersiva cara un mundo onde as dimensións se nubran. Within the structure explora como a percepción do espazo muda cunha forte e rítmica estimulación sensorial e invita a xogar ca perspectiva.


Laufzeit (Duración)
2013 / Alemaña / 2:16 min / Estrea en España

Os dispositivos electrónicos controlan o ritmo. O seu ríxido marco temporal rómpese e reorganízase.


Der Perfekt Ton (O son perfecto)
2012 / Alemaña / 10 min / Estrea mundial

Unha persoa intenta atopar o “son perfecto”. Coa esperanza de o encontrar, estivo montando durante anos unha maquinaria complexa. Nunha illada bodega subterránea, utiliza ferramentas para extraer sons dos obxectos. Coa axuda dunha computadora, produce son experimental. O lugar e os obxectos desenvolven vida propia. Día tras día, a busca continúa mais é interrompida unha e outra vez debido aos erros.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 21 de Outubro de 2023 | 20:00