Teatro Afeccionado

‘Irene Mediluce’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

Grupo creado ao amparo do IES María Casares, e con máis de 15 anos de vida. Nesta traxectoria baseou a súa formación nunha metodoloxía centrada no xogo, como medio de chegar á comprensión dos conceptos artísticos de xeito lúdico e atractivo. A proposta parte sempre dun nivel básico, capaz de integrar a participantes experimentados coas novas incorporacións que cada ano se vaian producindo.

 

Prezo: 5€
Duración: 55 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 10

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 20 de Outubro de 2016 | 20:30

SINOPSE

A primeira vez que fun consciente de que o mundo non era perfecto tiña seis anos … Non tardei en descubrir que a miña nai tamén estaba en apuros. Meu pai era tan duro con ela como con Max e comigo. Mamá dicíanos que tiña mal xenio e que se enfadaba porque nos quería. Pero no colexio nos ensinaban que ás persoas ás que se lles quere non se lles fai dano. Foi entón, á corta idade de seis anos, cando comprendín, que a iso non se lle pode chamar amor.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: RAMIRO NEIRA E LUIS ESMORÍS. DRAMATURXIA: CREACIÓN COLECTIVA. INTÉRPRETES: ANXO ALCAYDE, SABELA CERNADAS, ANA DE JUANA, RICARDO DELGADO, JAIME FARALDO, ANTÍA GÓMEZ, PALOMA IGUALADA, NURIA MEXUTO, ZELTIA CEIAS, MARÍA RODRÍGUEZ, ALBERTO RODRÍGUEZ, BRAIS ROMERO, ÁLEX BARRO, CARLOS IGLESIAS.