Música

JAVIER ELORRIETA

O director Javier Elorrieta, fixo un impás na súa carreira cinematográfica para dedicarse en corpo e alma á súa outra paixón: A Música. A través da súa vida, a música foi sempre unha compañeira de viaxe imprescindible. Rockero, Blusero, amante do Jazz e a Bossa, compositor de música para cine e televisión, dedicouse durante este tempo a levar a cabo un marabilloso proxecto musical: ‘Fundir o jazz e a canción francesa’.

Froito disto, en 2009 gravou o seu primeiro álbum ‘Ne me quitte pas’ pero tras o grande éxito de público e crítica obtido por este traballo, en 2011 presenta o segundo álbum ‘Boheme’, no que volve a fundir nun delicado e sorprendente estilo, o Jazz coas inesquecibles baladas francesas de todos os tempos. En 2013 sae o seu terceiro traballo discográfico ‘Souvenir Souvenir’. O 14 de febreiro do ano en curso sae ao mercado o seu cuarto proxecto discográfico ‘Temps d’aimer’.

DOSSIER                       CRÍTICAS

Prezo: ANTES 13/06/2015: 12 € (VR) / 14 €. A PARTIR 14/06/2015: 14 € (VR) / 16 €
Duración: 75 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 20 de Xuño de 2015 | 21:00

SINOPSE

Un proxecto do pasado posto ao día

‘Hai tempo que soñaba con levar a cabo este proxecto, a fusión da música francesa co jazz. Creo que dende que cursei estudos no Liceo Francés de Madrid, atraeume a música do país veciño. O comprender as marabillosas letras poéticas e profundas de Brel, Brassens, Aznavour, Becaud e outros tantos, afeccionoume de tal xeito a este tipo de cancións, que sempre foron as miñas fieis compañeiras ao longo da miña vida. Todo comezou a tomar forma anos despois, cando formei un grupo especializado en canción pop-francesa e actuaba como guitarrista e cantante interpretando temas de Dutronc, Nino Ferrer, Johnny Hallyday, etc… Máis tarde chegou unha longa etapa dentro da música anglosaxona, sobre todo do rock e blues, sempre formando grupos e facendo música en directo.
O meu encontro coa imaxe como director e produtor de cine, chegou tamén pola música. Primeiro compoñendo bandas sonoras para películas e música para publicidade. Despois, xa como director compuxen moitos dos temas principais das miñas películas e das de outros compañeiros.
Coa realización destes discos volvo ás miñas orixes musicais, nel puxen toda a miña vontade e esforzo para conseguir un produto delicado e romántico que agardo non defraude aos ouvintes. Uns discos para relaxarse e sentir a doce nostalxia do amor’.

Javier Elorrieta