Leo Harlem é un dos humoristas máis apreciados polo público e admirado polos seus colegas de profesión. É coñecido pola súa participación en programas de televisión de grande audiencia como El Club del chiste, El Club de la Comedia, La hora de José Mota ou Sé lo que hicisteis. Na actualidade, percorre xunto ao grupo Cómicos as principais cidades de España co espectáculo #trendingtronching.
Dende a súa tenra infancia, Sergio Olalla xa conseguía transportar ao absurdo a toda a súa familia nun tempo marca. Participou en programas de radio e de televisión como La hora de José Mota ou Cruz y Raya, colaboracións que compaxina coas actuacións en directo no teatro. De forma orixinal e sedutora, Olalla interpreta monólogos xunto a Leo Harlem nunha xira de máis de 200 actuacións anuais.
#Trending (tendencia, recomendación) Tronching (que te vas partir da risa). Estas son as dúas premisas coas que nace #trendingtronching, moito máis que un espectáculo de humor. Baseado nun novo guión moi orixinal, o espectáculo pretende facernos reflexionar acerca do que fomos, do que somos e do que podemos chegar a ser. Pero sempre, dende o humor. #trendingtronching é un espectáculo anovador e cheo de sorpresas que está triunfando en todas as ciudades da xeografía española. É un espectáculo digno de ser retuiteado.
LEO HARLEM E SERGIO OLALLA