LOS GOFIONES coa Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón
Nesta ocasión o grupo canario actuará acompañado da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón e coa colaboración do Grupo Amizades.
Los Gofiones nace en Las Palmas de Gran Canaria (Islas Canarias) o 3 de outubro de 1968 a partir da iniciativa de Totoyo Millares Sall, representante dunha das familias máis ilustres do ámbito cultural de Canarias. Co paso do tempo, a proxección musical do colectivo traspasou as fronteiras insulares, coñecéndoselle dentro e fóra do territorio nacional grazas ao rigoroso traballo desenvolvido ao longo dos seus case 50 anos de traxectoria.
Considerado pola crítica especializada como un dos mellores conxuntos musicais de Canarias, Los Gofiones transcendeu máis alá da propia esfera musical, chegando a constituírse nun dos expoñentes socioculturais máis relevantes das Islas Canarias.
Nesta ocasión presentamos o seu 22º traballo discográfico, ‘Por una cabeza’, gravado ente xuño e novembro de 2015 entre Gran Canaria, Tenerife e Barcelona. Unha fermosa selección de magníficas cancións que chegaron en gran medida polos nosos emigrantes, adaptadas á forma de sentir e facer de Los Gofiones. Un disco conceptual que supón unha auténtica viaxe xeográfica e emocional á nosa sociedade de metade do s. XX.