Monicreques
EVENTO INFANTIL INFANTIL

LUPPO, Baobab Teatro

‘Luppo’ de Baobab Teatro, un conto marabilloso sobre sentimentos e emocións.

Luppo’ fala do ciclo da vida, do apego cara as persoas que nos rodean, en particular cara os nosos maiores e da importancia das historias que construímos ao longo da nosa vida.

Con este espectáculo pretendemos subliñar a importancia das relacións humanas independentemente da idade. O máxica que é para os pequenos a influencia dos avós e avoas, veciños maiores, tíos, tías … que nos agasallan con tanta experiencia, tanto coñecemento e tanta paciencia.

Con ‘Luppo’ apostamos polo respecto aos nosos maiores e a necesidade destas relacións.

Premio ao Mellor Espectáculo Infantil e Familiar na Feria de Teatro de Castilla y León – Ciudad Rodrigo
Candidato aos Premios Max de Teatro 2016 na categoría de Mellor Autoría Teatral
Incluido no Catálogo Madrid Activa 2016
Recomendado por La Red Española de Teatros y Auditorios
Recomendado por  Red de Teatros de Castilla y León
Recomendado por Red de Teatros de Andalucía
Seleccionado na Feira de Artes Escénicas de Galicia 2015
Recomendado pola Red Sarea- Vasca
Prezo: ANTES 30/04/2017: 5 € (VR) / 7 €. A PARTIR DE 01/05/2017: 5 € (VR) / 8 €
Duración: 55 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 7 de Maio de 2017 | 18:00

SINOPSE

Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción.

Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especias e o xornal. E todos os días Luppo lle relata unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está …



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: ÓSCAR FERREIRA. GUIÓN: ANDREA BAYER. DIRECCIÓN DE MANIPULACIÓN: ÓSCAR FERREIRA. ACTORES: ANDREA BAYER E XOSÉ MANUEL ESPERANTE. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: ÓSCAR FERREIRA. ESCENOGRAFÍA: ÓSCAR FERREIRA E JUAN SILVA. VESTIARIO: BAOBAB TEATRO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: DANIEL ABALO. DESEÑO SONORO: MANUEL ABALO. MONICREQUES E ATREZO: ÓSCAR FERREIRA E JUAN SILVA. MATERIAL AUDIOVISUAL: JUAN SILVA