Música

Maio Jazz | 25 aniversario de Sumrrá

MAIO JAZZ

 

Chega o momento de celebrar unha das carreiras máis de éxito e singular do panorama musical galego. SUMRRÁ cumpre 25 anos e propoñen un concerto exclusivo e moi especial para a programación do Maio Jazz 2025. O Teatro Colón converterase nun espazo habitado pola familia escollida que os veñen acompañando durante estes 25 anos.

O grupo galego cumpre 25 anos en activo, atesourados con centos de concertos por todo o mundo. Respectados pola crítica, e cunha lexión de seguidores ás costas, veñen de recibir o Premio Plataforma Jazz España á súa traxectoria como banda consolidada. E non só hai xiras nacionais e internacionais na vida de SUMRRÁ. O trío composto por Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido, protagonizan unha das residencias artísticas máis inusuais e de éxito, contando xa con máis de 200 concertos dominicais na súa cidade de residencia, Santiago de Compostela. SUMRRÁ quere trasladar a revisión de toda a súa discografía a un concerto irrepetible.

O mellor SUMRRÁ condensado nunha das súas sempre magnéticas, hipnóticas e explosivas actuacións. Unha revisión das súas mellores composicións, organizadas nun espectáculo de 75 minutos que, como responde á propia natureza do grupo, non deixará a ninguén indiferente.