CONEXIÓNS - Teatro

Mar de Hilos

Accem Galicia

Mar de Hilos é o nome que damos ao conxunto de pezas teatrais ou calas dramáticas, que é como se refiren a elas os autores dos textos. O nexo destas dramaturxias será a música, percusión en directo e o cante do sur.

Unha selección de textos breves escritos por dramaturgos e dramaturgas de distintas promocións e lugares da xeografía española. Todos eles comparten unha mesma sensibilidade: son interpelados polo impacto emocional das migracións e manifestan a necesidade urxente de abordar estas temáticas debido á súa enorme repercusión social. Os protagonistas das súas obras son exiliados, inmigrantes e refuxiados, pero tamén aparecemos “nós”, os que estamos, xerando contrapuntos dramáticos que deveñen en antíteses irreconciliables: africano fronte a europeo, Oriente fronte a Occidente, o que se queda fronte ao que se vai, eles fronte a nós.

Prezo: Gratuíto



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 11 de Maio de 2018 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Textos – Antonia Bueno, Antonio Zancada, Némer Salamún. Dirección de Escena – Agustín Bolaños. Axte. Dirección – Anahí Taraburelli. Escenografía/Atrezzo e Vestiario – Obradoiro de Plástica y Atrezzo&Vestuario de Mar de Hilos. Asesoría Arte – Yanina Torres, Alejandra Pérez e Marta Rodríguez. Música – Obradoiro de Música de Mar de Hilos. Dirección Musical – Karlos Barral. Produción – Mar de Hilos. Intérpretes – Obradoiro de Expresión Corporal de Mar de Hilos.