Cine

María Casares: a muller que viviu mil vidas

ESTREA | ESPECIAL MARÍA CASARES

 

Estrea do documental de Xavier Villaverde que nos achega a María Casares, unha muller cuxa vida queda marcada pola guerra civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable no seu traballo, busca permanentemente propostas escénicas audaces e arriscadas que a acabarán convertendo unha das actrices máis aclamadas do cinema e o teatro francés.


DATAS E HORARIOS

  • Luns, 21 de Novembro de 2022 | 21:00