Duración: 90 minutos
Calificación: + 12
A historia comeza dentro da propia historia que creou Miguel de Cervantes e o seu Don Quijote e remata co descubrimento de que Cervantes non era quen dixo ser … Un Moncho Panza máis do pobo que nunca descubre, por cuestións de azar, o noso universo actual e coa súa mellor e máis clara linguaxe refraneira despacharase a gusto das inxustizas vividas dentro e fóra das súas eternas páxinas.
AUTOR, DIRECTOR E INTÉRPRETE: MONCHO BORRAJO. COA COLABORACIÓN DE: LUCÍA BRAVO. COAS VOCES DE: JOSÉ MARÍA GAYO. MÚSICA ORIXINAL: S. SONDHIEIM, M. BORRAJO. ARRANXOS MUSICAIS: RAFAEL RABAY. ESCENOGRAFÍA: MONCHO BORRAJO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: JOSÉ Mª GAYO. DESEÑO DE SON: VÍCTOR TOMÉ FRANCISCO. VESTIARIO: CORNEJO SASTRERÍA. AUDIOVISUAIS: GENLOCK AUDIOVISUAL. FOTOGRAFÍA: VICTOR TOMÉ.
MONCHO PANZA [ESTREA]
Moncho Borrajo presenta Moncho Panza como peche da triloxía que comezou hai 4 anos, tras a súa volta aos escenarios despois dunha pausa obrigada polo falecemento do seu pai.
A primeira montaxe foi Golfus Hispánicus e a reflexión do monólogo de Marco Antonio a Julio César e a súa relación co autónomo, no segundo atopou a inspiración no manifesto que escribiu Quevedo a Felipe IV amosándolle o seu descontento xeral e así naceu Yo, Quevedo.
E por último en 2015, ano no que se celebra o IV Centenario da edición da segunda parte de El Quijote, que mellor homenaxe, que crear a terceira parte con Moncho Panza e así pechar o círculo de obediencia a grandes historias clásicas que marcaron o noso tempo actual.