Cine

Mulleres de Cine | La quimera

MULLERES DE CINE

 

  • Proxección: La quimera (Alice Rohrwacher, 2023)
  • Convidada: Ledicia Costas

Cada sesión incluirá unha breve presentación a cargo das programadoras convidadas, que compartirán a súa visión sobre a obra seleccionada e o seu vínculo co 8M, fomentando un encontro co público arredor da creación, da identidade e das narrativas no cinema. O ciclo Mulleres de Cine refórzase así como unha proposta cultural comprometida coa igualdade, coa visibilización das voces femininas e coa promoción dunha programación diversa e accesible á cidadanía.