Música

Músicas Posíbeis | Faia: Alvela

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Alvela é o nome que lle dá título ao novo disco e espectáculo de FAIA. Unha proposta íntima cunha forte carga emocional onde o repertorio tradicional dialoga coa experimentación sonora. Nanas, romances e outras cantigas de transmisión oral traspasadas pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e a violencia sistémica que se exerce sobre el.

No directo, as sonoridades do disco, marcadas pola presencia fundamental de instrumentos de corda e rexistros sonoros, lévanse a un formato totalmente acústico. A voz de Faia acompáñase dunha formación de cordas feita para a ocasión: a arpa da bretoa Bleuenn Le Friec e o cuarteto Suelen Estar Quartet: Elena Vázquez (violín), María José Pámpano, (violín/viola), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo).

Ademais, nesta ocasión especial, Faia estará acompañada de persoas relevantes neste proxecto: a artista plástica Blanca Gracia realizará en directo imaxes que acompañan as músicas e contará con convidadas como Antía Ameixeiras, Inés Salvado ou Paula Romero.

  • Bleuenn Le Friec: arpa
  • María José Pámpano: viola
  • Elena Vázquez: violín
  • Macarena Montesinos: violonchelo
  • Saúl Puga: contrabaixo

CONVIDADAS

  • Antía Ameixeiras: violín
  • Inés Salvado e Paula Romero do grupo De Vacas: voces
  • CREACIÓN IMAXES EN DIRECTO: Blanca Gracia