Duración: 90 minutos
Calificación: + 12
Shakespeare é teatro. Cada palabra, cada verso, cada acción do autor están escritos para ser representados, para ser vivenciados por uns actores e un público no acto irrepetible dunha repesentación teatral. A teatralidade e a comicidade de Noite de Reis son o fío condutor real da función, e o circo sirve como excusa para volver a aqueles tempos nos que o público ía ao teatro a divertirse mentres gozaba da poesía e a estrutura perfectas do xenio inglés.
A evocación dos paiasos como símbolos do sentido máis cómico da nosa memoria, levounos a debuxar no espazo no que todos, sen excepción, volvemos a sentir a ilusión e a risa limpa dos nenos: o circo. Deste xeito, o amor pode ser visto como un sufrimento necesario, ou como unha pista na que ninguén é o que aparenta, na que as paixóns se confunden e podémonos preguntar ata quen somos. Nós preferimos o segundo. Gocen
[COARTE PRODUCCIONES]
REPARTO. EVA BOUCHERITE, ADA FERNÁNDEZ, ROSA CLARA GARCÍA, BORJA FLOÜ, CHETE GUZMÁN, NACHO VERA. DIRECCIÓN. ROSA FERNÁNDEZ CRUZ. TRADUCIÓN E DRAMATURXÍA. DIANA I. LUQUE. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO. DAVID PIZARRO. ILUMINACIÓN. DAVID P. ARNEDO, KIKO GARCÍA. COMPOSICIÓN MUSICAL E ARRANXOS. PEDRO ESPARZA. ASESORES ARTES CIRCENSES. TINA LORENZI.
NOCHE DE REYES [TEATRO ACCESIBLE]
Noche de Reyes é un proxecto de espectáculo teatral completamente accesible, en todas as súas funcións, para persoas con discapacidade sensorial (xordos e cegos).
A primeira novidade do noso proxecto é que é accesible desde a súa concepción, e polo tanto, todos os elementos, dende o deseño escenográfico ata o traballo dos actores, diríxense a conseguir esa accesibilidade.
A segunda novidade, é que todas as súas funcións serán accesibles, e polo tanto, calquera persoa, discapacitada ou non, poderá gozar do espectáculo. Estes dous elementos fan de Noche de Reyes un espectáculo pioneiro, co que esperamos abrir un novo camiño para seguir investigando e traballando.