Música

Orquestra Gaos | Rossini

Un programa centrado na figura de Gioachino Rossini, coñecido pola súa brillante produción operística pero tamén polo seu humor e frescura na música instrumental. O fagotista Esteban García interpretará o Concerto para fagot e orquestra, completando o programa coa suite La boutique fantasque de Respighi sobre temas do compositor italiano.

Prezo: 'Taquilla' inversa: entrada libre e aportación voluntaria ao finalizar o concerto



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 19 de Marzo de 2026 | 19:30