Música

ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, ‘Ángeles y Demonios’

Concerto promovido polo Ilustre Colegio de Abogados de A Coruña en beneficio da Cocina Económica
Artista invitada: Alena Baeva, violín

A OCGA culmina o seu 20º aniversario cun concerto cheo de sorpresas no día no que se conxuran todos os espíritos, anxos e demos. Contará coa participación da virtuosa violinista rusa Alena Baeva quen interpretará xunto á OCGA a célebre “Sonata Trino del Diavolo” de Tartini, ademais doutra institución emblemática na vida musical da nosa cidade, a Coral “El Eco”. Este concerto é promovido polo Ilustre Colegio de Abogados de A Coruña en beneficio da Cociña Económica.

*Prezo de 5 € para xubilados maiores de 65 anos e nenos menores de 11