Música

Orquestra Gaos | Futuro

Unha aposta polo talento das novas xeracións, coa participación dos gañadores do Concurso das II Xornadas de Frauta de Galicia: Álvaro Martínez Ruiz, Sofía Vidal e Celia Órpez. Tres mozos intérpretes galegos, de entre 10 e 15 anos, que interpretarán obras de Gluck, Chopin e Borne, acompañados pola Orquestra Gaos, que completará o programa coa ‘Guía de orquestra para novos’, de Britten.

Prezo: 'Taquilla' inversa: entrada libre e aportación voluntaria ao finalizar o concerto



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 1 de Marzo de 2026 | 19:30