Teatro

PÁNICO, Coart+e e Dos Palmas Producciones

‘Pánico’ é unha comedia que basea a súa reflexión nas dúas emocións máis potentes que existen: o amor e o medo. Trátase de tres personaxes masculinos que, por diversas circunstancias, vense forzados a crecer interiormente, a vida obrigounos a deterse e reflexionar, a mirarse un pouquiño por dentro e a dar un paso renovador. O medo xorde dese vertixe que produce calquera situación de cambio ou de ruptura. Na función ese medo vaise contaxiando dun personaxe a outro, por iso o medo se transforma en pánico.

O detonante do conflito é o amor, cada un dos personaxes desenvólvese dun xeito diferente nos asuntos amorosos, pero todos teñen en común unha enorme crise afectiva. Se a esta crise lle sumamos a crise da idade, a existencial, a de identidade, a económica, etc temos unha comedia que é como unha pota a presión que vai collendo ritmo, alento, crítica e sustancia social a medida que a situación se vai quentando e remata liberando o seu propio vapor a base de salpicar as desgrazas dos seus tres protagonistas.

Nesta comedia o humor nace da inestabilidade emocional dos personaxes, que van exhibindo as súas neuroses a medida que se suceden as disparatadas situación que presenta a trama. É unha comedia que vai adquirindo tinturas escuras conforme vai avanzando, desas comedias que van do superficial ao profundo, desas comedias coas que te ris e reflexionas.

Quino Falero, director

Prezo: ANTES 20/03/2016: 12 € (VR) / 15 €. A PARTIR DE 21/03/2016: 18 € (VR) / 22 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 1 de Abril de 2016 | 20:30

SINOPSE

Leo chega de madrugada e borracho ao piso de Max. Ambos son amigos da infancia, da súa época de boyscouts …

Leo pasa a noite na casa do seu amigo, e é á mañá seguinte cando, avergoñado e desesperado, pídelle un favor: que sexa o seu terapeuta durante unha semana, xusto o tempo que lle deu a súa parella para atopar unha resposta á súa presunta crise. Pero Leo non sabe que Max está atravesando tamén unha crise existencial enorme: hai relativamente pouco separouse da súa muller e tivo que ir a terapia para superalo. Non funcionou, e agora está nunha fase de busca do equilibrio espiritual mediante exercicios de meditación e silencio. A chegada de Leo trastorna os seus plans e provoca enfrontamentos entre os dous. E ademais hai un terceiro en discordia: Joni, irmán de Max e amigo tamén de Leo, que é presentador dun programa televisivo, un talk show de moito éxito, e que padece un enorme problema de concentración e egoísmo.

Ningún quere darse conta dos seus verdadeiros problemas, ningún sabe como axudarse entre sí, ningún quero afrontar as súas miserias. Por iso os tres, dende a convivencia forzada e torpe, chegarán a situacións inverosímiles e cómicas co fin de sacar adiante as súas caóticas vidas.

Non é a crise dos trinta ou dos corenta o que provoca o estrés nun home, son as súas propias circunstancias e o seu entorno diario, que fan que non vexa o que para moitos está claro: non quere afrontar os seus problemas.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: MON CEBALLOS, FELIPE ANDRÉS, GUILLERMO ORTEGA. AUTOR: MIKA MYLLYAHO. VERSIÓN: FERNANDO J. LÓPEZ. ESCENOGRAFÍA: ARTURO MARTÍN BURGOS. ILUMINACIÓN: PILAR VELASCO (AAI). AUDIOVISUALES: JESÚS RIVERA. ESPAZO SONORO: DANIEL GALINDO. VESTIARIO: GUADALUPE VALERO. FOTOS E DESEÑO GRÁFICO: JAVIER NAVAL. DESEÑO WEB: PAULA GUIDA. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: ENRIQUE CORRALES. DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: ROSA FERNÁNDEZ CRUZ. DIRECCIÓN: QUINO FALERO. UNHA PRODUCIÓN DE COART+E E DOS PALMAS PRODUCCIONES. PRODUTORA ASOCIADA: DIONISIA PÉREZ.