O mundo dos soños sempre foi un referente para os máis pequenos. Cando dormen, a súa imaxinación esperta para voar a outros mundos, e aínda que esa vulnerabilidade só está protexida por unha manta, a noite convértese no mellor momento para vivir grandes historias.
Pinturilla, a protagonista deste espectáculo-concerto, será a responsable de visitar aos máis pequenos mentres dormen para meterse dentro das súas cabezas. Ela encárgase de borrar os pesadelos, consegue que os soños se transformen en aventuras de cores e moldea o que ocorre coma se fose plastilina. É a ‘gardiá das chaves’ que os nenos precisan para abrir a porta cara o Mundo dos Soños.
Pinturilla decidiu baixar ao planeta Terra para visitar aos nenos e regalarlles ilusión e moita música. Para esta importante misión, ela viaxou ata o planeta Cup-Cake para chamar á Pandilla Vainilla, a mellor banda musical do Mundo dos Soños, e xuntos emprenderán un sinfín de aventuras.
Prezo: ANTES 20/12/2015: 6 € (VR) / 10 €. A PARTIR DE 21/12/2015: 10 € (VR) / 14 € Duración: 75 minutos Idioma: CAS Calificación: +2
PINTURILLA Y LA PANDILLA VAINILLA