Hai historias que non se contan con palabras, senón coa luz, o corpo e o movemento. Reinventio pertence a esa categoría: un espectáculo galego de gran formato que conxuga maxia, danza e artes circenses para transformar a ilusión nun relato visual e emocional. Tras o éxito de Inventio, a nova produción de Thinking Up Events propón unha viaxe escénica que explora o que queda cando se perde a ilusión e o que renace cando se recupera.
A través dun relato que combina números de ilusionismo, acrobacias imposibles, malabares, equilibrios sobre bastóns, danza contemporánea e números aéreos -nos que destaca o uso dunha técnica de suspensión capilar-, o espectáculo convida ao público a unha experiencia visual e sensorial que fala de vulnerabilidade, de esperanza e de redescubrimento. A coreografía corre a cargo de Mercedes Suárez e a compañía Druida Danza, que fusionan elementos de danza clásica e contemporánea nunha linguaxe visual e rítmica próxima ao cabaret estético, onde as imaxes se suceden a gran velocidade.
Reinventio