Teatro

Sophie non é o meu nome de guerra, de Redrum Teatro

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

ESTREA DA OBRA GAÑADORA DO PREMIO RAFAEL DIESTE

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigüa e perigosa.

Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.

A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizáis en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.

Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual.

O obxectivo principal deste espectáculo é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual. A peza afonda nas conexións humanas, familiares, de amizade e de parella de Sophie, unha muller cunha personalidade chea de matices, fuxindo do estereotipo e da revictimización. Descubrindo o amplo prisma da maternidade: como desexo e como instrumento.

Na súa forma escénica trátase dunha proposta contemporánea onde os recursos audiovisuais se mesturan cos elementos poéticos e o teatro textual. A atmosfera xerada polo espazo sonoro e escénico mergullará ás espectadoras na viaxe de Sophie.


 

Ficha técnica

  • Elenco: Camille Hedouin e Alixa Ladson
  • Dirección: Laura Míguez
  • Autor: Roberto Pascual
  • Axte dirección: Atenea García
  • Escenografía e iluminación: As dúas e punto
  • Videocreación: Judith Adataberna
  • Movemento: Mariel Teixeira González
  • Espazo sonoro: Mounqup
  • Confección vestiario: Ousseynou Gueye
  • Material promocional: Alex Sampayo
  • Prensa: Alberto Ramos
  • Produción: Redrum Teatro
  • Distribución: Guillermo Carbajo
Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 23 de Maio de 2025 | 20:00