SOUTH CAROLINA GOSPEL CHORALE, ‘Feeling, freedom & fun’
Wayne Ravenell foi o fundador e director musical desta poderosa e dinámica agrupación de góspel de Charleston, Carolina del Sur. Os compoñentes do coro, fundado en 1997, foron seleccionados nas igrexas da cidade e representan con precisión o excelente nivel do xénero na cidade de Charleston. A formación componse, en función do tipo de concerto ou xira, de 9 a 15 voces con acompañamento de órgano/piano (pero tamén de baixo, guitarra e batería).
The South Carolina Gospel Chorale é unha mostra vibrante do conmovedor soul tradicional e o gospel moderno. Wayne Ravenell e The South Carolina Gospel Chorale fan de cada actuación unha viaxe inesquecible pola historia do góspel, dende os espirituais dos escravos afroamericanos ata os sons actuais das misas dos domingos. Poden rememorar os espirituais cantados nas plantacións, ou facer un sentido tributo a Thomas Dorsey, o pai do góspel moderno.
The South Carolina Gospel Chorale é tamén unha extensión do lendario grupo Focus que participou nas gravacións de artistas da talla de God’s Property, Trinitee 5:7, The Mighty Clouds of Joy, Dorinda Clark-Cole, Karen Clark – Sheard, Byron Cage, Natalie Wilson, New Direction, Alvin Slaughter, Overseer Hezekiah Walker, Sha’ Simpson, Tye Tribbett & G.A. e Anthony Hamilton.
En 2005, Michael Brown toma o relevo musical de South Carolina e substitúe a Wayne Ravenell nas tarefas de management. Actualmente é o Ministro Nacional de Música da Live Ministries Fellowship Inc., organización fundada polo Obispo Brian D. Moore. O Reverendo Brown deu a South Carolina gran presenza escénica, unha maior variedade tímbrica e un gran poder rítmico. Este é un coro dinámico e enriquecedor onde os mellores artistas góspel de Charleston foron elixidos para amosar a música góspel da cidade en convencións, concertos e festivais de todo o mundo. Nos Estados Unidos actuaron nas salas máis prestixiosas e nos últimos anos fixeron numerosas xiras por Italia e Alemaña.