Música

Folk no Colón | Treixadura

FOLK NO COLÓN

 

Desde 1990 Treixadura leva aos escenarios un espectáculo único que combina o canto e a gaita, elevando a música tradicional ao máis alto nivel artístico. Fieis á súa esencia, teñen rescatado melodías do anonimato, creado novas composicións e compartido a forza evocadora do canto colectivo. Cunha traxectoria de 8 discos, colaboracións con figuras como Rodrigo Romaní ou Kepa Junkera. Treixadura representa a ponte viva entra a raíz cultural galega e a súa reinterpretación contemporánea. Unha experiencia emocionante que converte o público no verdadeiro protagonista de cada concerto.