Teatro

VIP, Joglars

A vida é ondulante e a educación e a relación do mundo adulto cos nenos foi cambiando ao longo da historia. Na nosa moderna sociedade actual parécenos que o neno acadou o máximo privilexio facéndoo equiparable ao trato que recibe unha VeryImportantPerson (V.I.P). Resulta paradoxal que a actitude ben intencionada dos pais, ben sexa por complexo ou por dar unha comodidade aos seus fillos da que eles careceron, achega perigosamente ao neno a un ser intratable con delirios de pequeno tirano. Preguntámonos se con tantos mimos non estaremos abonando a semente dun pequeno monstro.

‘VIP‘, presentado en forma de cerimonial, pretende facer unha reflexión sobre a nosa sociedade que se comporta deste xeito tan condescendente coas súas criaturas.

Ramon Fontserè

DOSSIER   CRÍTICAS

Prezo: 15 € (VR) / 20 €
Duración: 80 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 6 de Maio de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETES: RAMON FONTSERÈ, PILAR SÁENZ, DOLORS TUNEU, XAVI SAIS, XEVI VILÀ. DIRECCIÓN: RAMON FONTSERÈ. ESPAZO ESCÉNICO: MARTINA CABANAS. VESTIARIO: LAURA GARCIA. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: BERNAT JANSÀ. ATREZZO: TXELL CABANAS, XEVI VILÀ, XAVI SAIS. REALIZACIÓN MÁSCARA LUCAS: EULÀLIA SELLARÈS. AXUDANTE DE VESTIARIO E CONFECCIÓN: MARINA PUJADES. TÉCNICO DE SON E LUCES: GUILLERMO MUGULAR. COORDINACIÓN TÉCNICA: JÉSUS DIAZ PAVÓN. MESTRE DE TIMBAIS: MARC CASAS. ASESORA DE MOVEMENTO: SÍLVIA BROSSA. ASESOR MUSICAL: ENRIQUE SÁNCHEZ RAMOS. ASESORA DE ESCENOGRAFÍA: MONTSE SAGALÉS. DESEÑO GRÁFICO: ARKHAM STUDIO. FOTOGRAFÍA: DAVID RUANO. COORDINACIÓN DE XIRAS E MEDIOS: ALBA ESPINASA. PRODUCIÓN EXECUTIVA: MONTSERRAT ARCARONS, ALBA ESPINASA. AGRADECEMENTO ESPECIAL A: ALBERT BOADELLA.