Unha travesía iniciática na que as melodías de inspiración tradicional que parten do fascinante rexistro vocal de Ana Moas sucan entre os remuíños de ondas sonoras que abrollan dos sintetizadores de Alba Vázquez, os baixos de Pablo Pazos e das guitarras e programacións de Pablo Agra, dando forma a unha proposta musical coas coordenadas ben enraizadas na terra firme e o pop pero coa brúxula orientada ás rompentes da vangarda.
MÅI | NIGREDO
Concerto de presentación do disco debut da banda, Nigredo. É un espectáculo conceptual no que a música pop se asenta sobre tímbricas e rítmicas tradicionais, vestida cunha atmósfera electrónica. Trátase dun ritual de reconexión coa vida, unha viaxe iniciática dende o máis escuro e primario.
Xullo Pop! | Carabela + Måi
CARABELA