Manuel Vicente e o seu programa de radio Efervesciencia son un dos grandes referentes nacionais en comunicación científica. Os asistentes á proposta poderán gozar da gravación en directo do programa, e participarán nela activamente.
A Radio Conta é un programa solidario promovido e realizado polas emisoras das radios públicas e privadas da Coruña: Radio Galega, RNE, SER, Onda Cero, RadioVoz, COPE, Radio Marca e InterCoruña. Preto dunha trintena de xornalistas de todos estes medios, co apoio das súas respectivas direccións, traballan xuntos todo o ano para preparar unha iniciativa…